Voltando a vista cara atrás,
11 anos pasaron xa,
foi cosa do destino
mágoa que non se puidera evitar
ou eso quérennos inculcar
os que envelenaron noso lar.
Non queremos olvidar,
non queremos perdoar,
só queremos a xustiza
que da nosa parte non está.
Loitamos contra os elementos
para protexer os nosos dereitos,
endexamáis separados,
sempre unidos.
Somos un pobo onde:
Negro, é a ausencia de cor.
Negras, son as nosas costas.
E brancas, son as mans dos traidores.
Baúl de los recuerdos.
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galego. Mostrar todas las entradas
miércoles, 13 de noviembre de 2013
viernes, 1 de noviembre de 2013
Sen título.
Coñezo ese sentimento,
procedente do ceo,
endexamáis desaparece.
Se podes escoitarme,
so cerra os ollos,
aquí véñenme facer calar.
Atado cos grifóns da vida,
volvéndome adicto os cantos de serea,
vólvendome adicto a fuxir.
procedente do ceo,
endexamáis desaparece.
Se podes escoitarme,
so cerra os ollos,
aquí véñenme facer calar.
Atado cos grifóns da vida,
volvéndome adicto os cantos de serea,
vólvendome adicto a fuxir.
viernes, 18 de octubre de 2013
Orballo.
Orballo da noite,
que te convertes en rocío co alba.
Orballo da noite,
que bañas a miña ánima.
Orballo da noite,
que besas as miñas bágoas.
Orballo da noite,
que tentas afogarme nas túas augas.
sábado, 12 de octubre de 2013
Os teus fillos serán os seguintes.
O futuro ensínate a estar só
O presente a estar asustado e ter frío
"Así que se podo disparar coellos
Pois podo disparar a fascistas"
Balas para o teu cerebro hoxe
Pero esquecerémolo todo de novo
Monumentos pasados de bolígrafo a papel
Déixame marabillado sen galadas
E se toleras isto
Entón os teus fillos serán os seguintes
E se toleras isto
Entón os teus fillos serán os seguintes
Serán os seguintes, serán os seguintes, serán os seguintes...
A gravidade mantenme a cabeza gacha

E quizáis a vergoña
De ser tan novo e tan vaidoso
Buratos na túa cabeza hoxe
Pero son un pacifista
Camiñei por Las Ramblas
Pero sen verdadeira intención
E se toleras isto
Entón os teus fillos serán os seguintes
E se toleras isto
Entón os teus fillos serán os seguintes
Serán os seguintes, serán os seguintes, serán os seguintes
"E na rúa esta noite un vello xoga
Con recortes de xornal dos seus días de gloria"
E se toleras isto
Entón os teus fillos serán os seguintes
E se toleras isto
Entón os teus fillos serán os seguintes
Serán os seguintes, serán os seguintes, serán os seguintes.

(Canción "If you tolerate this" de Manic Street Preachers)
Crémonos...
Crémonos Deuses capaces de
cambiar o curso da historia. Crémonos sempre os elixidos de entre
millóns de persoas para facer do mundo un lugar mellor. Cremos o embigo
dunha sociedade que temos que rescatar. Crémonos donos dos nosos
destinos e dos que nos rodean. Crémonos sempre salvadores e nunca villanos. Crémonos... Toda a merda que nos digan, iso é o que realmente
cremos e polo que a murcha flor que é a nosa sociedade cada vez perde
máis cor.
Realmente non somos máis que seres fráxiles que loitan por encontrar un sitio no mundo, un mundo gobernado por leis que eu non votei, por xente á que eu non quero como representante e abrigo, por un capitalismo que non apoiei.
Quizáis este texto saiase da liña, quizáis sexa unha apoloxía política máis, quizáis non sexa a forma correcta de cambiar a sociedade, quizáis só expreso o que me guía o corazón e non a mente... Pero o que é innegable, é, que tralo fracaso de todas as ideoloxías existentes, xa vai sendo hora de que os mortos de fame reciban un anaco do pastel.
Recordo mentres escribo isto, o que o meu amado grupo, Pink Floyd, dixo unha vez: "Unidos venceremos, divididos caeremos."

sábado, 5 de octubre de 2013
Síntome atraído polo teu sorriso (Parte 2).
Síntome atraído polo teu sorriso
e so podo pedir permiso
para ser felices nesta noite fría e gris
lonxe deste falso oasis
onde morren os nosos soños.
O día que te coñecín lembrei
o feliz que podíase ser con alguén
sentir o teu peito ao meu carón
deume forzas para loitar
con todo o meu corazón.
Ven bailar
habemos percorrer un camiño de luz
polo que escapar xuntos
ate un mundo sen fin
onde vivir sen máis sufrir.
Síntome atraído polo teu sorriso
e endexamáis deixarei de buscar no ocaso
o que o alba non me puido dar
o certo é que te quero moito,
podes confiar en min
dame a man
podes confiar en min
dame a man
e deixemos este mundo atrás.
jueves, 3 de octubre de 2013
Síntome atraído polo teu sorriso.
Síntome atraído polo teu sorriso
que o meu corazón inunda
escapemos xuntos
nesta noite fría e gris
dame a man.
O día que te coñecín lembrei
imaxes que gardaba no corazón
non era máis ca un cativo
e aínda así recordoas ben.
Ven bailar,
habemos percorrer un camiño de luz
e de escuridade quereme así
fagamos esta viaxe xuntos ata a fin.
Podería mirar atrás,
mirar cara outro lado pra non sufrir máis
pero loitarei meu ben
contigo ó meu carón
ata o final.
Síntome atraído polo teu sorriso,
un recuncho de esperanza,
neste universo
buscarei sen descansar.
Pode parecer que non me importas
pero o certo é que te quero moito,

sábado, 21 de septiembre de 2013
lunes, 16 de septiembre de 2013
Erros (Versión en galego)
Podemos considerar que a "ánima máter" do noso desenvolvemento non é
máis que o conxunto de erros que lévanos ate un punto concreto. Dicimos
inclusive, que non somos máis que a suma deses erros, algo que non vai
moi desencamiñado como seres imperfectos que somos. Pero eu me pregunto:
non podemos chegar a ser quenes queremos ser sen cometer eses erros?
A miña vida sempre estivo marcada por erros, e agora, dende unha certa estabilidade emocional, doume conta que non me alegro de haberen cometido esos erros. Naturalmente que me agrada a onde me teñen levado, pero de verdade é necesario tanto sufrimento?
Antes de empezar a escribir este artigo, lin outro que serviume moito como fonte agora de expresarme. Nese artigo falábase de poder disfrutar das cousas "prohibidas" sen pensar nas consecuencias, xa que estas non existían nese utópico artigo: "Oxalá fora máis fácil decidirse entre disfrutar do momento sen medo ás consecuencias ou tirarse para atrás porque sabemos que non podemos soportar a caída dende as nubes."
Moita veces, os 'xuntaletras' fan alusións a comida cando escriben. Eu non vou ser menos. Digamos que estas consecuencias, estes erros, non son máis que "a salsa da vida", un regusto con diferentes tintes, que ven pode ser un acerto ou un erro. Pero non máis lonxe da realidade, esas salsas só camuflan e arruinan o verdadeiro sabor da vida, a propia esencia que non se encontra noutro sitio máis que na propia VIDA.
Xa se más dilación, vou xantar un bó bistec de terneira galega. Sen salsas.
(Extracto sacado do blogue: http://alboradanaria.blogspot.com.es/)

jueves, 12 de septiembre de 2013
Pesadelos
Voltar a vista cara atrás e vislumbrar a sombra dun pesadelo, un momento da vida que pensamos que xa quedara no camiño, unha tormenta que xa amainou. Esos días fóronse. Só son sombras. Pero seguen ahí.
Somos quenes somos grazas aos erros e malas experiencias que nos acontecen a cotío, na nosa frente temos que levar sempre esos malos momentos que cambiáronnos, por un simple motivo: son a nosa historia. Seriamos seres incompletos que viven nunha aletargada e falsa felicidade, uns drogadictos da felicidade. Pero a vida non é tan fodidamente bonita. Todas as rosas teñen as súas espiñas.
Ollos que ven, corazón que sinte. Así di o refrán, e así sinte a miña ánima ao recordar esos malos momentos, malos momentos que xa pasaron, malos momentos que, ao voltar a vista atrás, parecen so pesadelos... Ou eso pensaba.
Ollos que non ven, corazón que non sinte... Nalgúns momentos daríamolo todo por non ver eses pesadelos. Pero o medo non poderá acalar o que ven os nosos ollos.
(Fotograma da película "Un can andaluz" de Luis Buñuel con guión de Salvador Dalí)

domingo, 8 de septiembre de 2013
Tempo
Mágoa de non poder voltala vista atrás, de convertir ese reflexo na realidade constante na que me gustaría estar. Mágoa de que cada segundo non sexa eterno e de que as manecillas dos reloxos bulan como alma que leva o demo. Mágoa de non posuír o coñecemento necesario para voar pola historia ao meu antoxo. Mágoa de que se escriban libros de historia e non do presente no que vivimos. Mágoa de que única verdade absoluta é a que non quero crer: o tempo móvese.
Conxelar os bos momentos cunha simple palmada. Máis sinxelo que facer cubiños de xeo. Quen non dera ese poder. É mentira que a vida é o que acontece esperando certos momentos, mentira. Para min a vida son esos momentos, esas millonésimas dun segundo, entre latido e latido, no que tragas aire e sentes unhas cóxegas placenteras dende o pelo ate as unllas dos pés. Esas millonésimas de segundo.
Mágoa... Que non podamos derretir os reloxos e bebénolo tempo como se a nosa sede fose infinita.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)