Baúl de los recuerdos.

Narrativa (17) poesía (14) Galego (11) otros autores (7) Microcuento (4) Opinión (3) Cine (2)

sábado, 12 de octubre de 2013

Crémonos...

Crémonos Deuses capaces de cambiar o curso da historia. Crémonos sempre os elixidos de entre millóns de persoas para facer do mundo un lugar mellor. Cremos o embigo dunha sociedade que temos que rescatar. Crémonos donos dos nosos destinos e dos que nos rodean. Crémonos sempre salvadores e nunca villanos. Crémonos... Toda a merda que nos digan, iso é o que realmente cremos e polo que a murcha flor que é a nosa sociedade cada vez perde máis cor.

Realmente non somos máis que seres fráxiles que loitan por encontrar un sitio no mundo, un mundo gobernado por leis que eu non votei, por xente á que eu non quero como representante e abrigo, por un capitalismo que non apoiei.

Quizáis este texto saiase da liña, quizáis sexa unha apoloxía política máis, quizáis non sexa a forma correcta de cambiar a sociedade, quizáis só expreso o que me guía o corazón e non a mente... Pero o que é innegable, é, que tralo fracaso de todas as ideoloxías existentes, xa vai sendo hora de que os mortos de fame reciban un anaco do pastel.

Recordo mentres escribo isto, o que o meu amado grupo, Pink Floyd, dixo unha vez: "Unidos venceremos, divididos caeremos."

No hay comentarios:

Publicar un comentario