Baúl de los recuerdos.

Narrativa (17) poesía (14) Galego (11) otros autores (7) Microcuento (4) Opinión (3) Cine (2)

jueves, 12 de septiembre de 2013

Pesadelos

Voltar a vista cara atrás e vislumbrar a sombra dun pesadelo, un momento da vida que pensamos que xa quedara no camiño, unha tormenta que xa amainou. Esos días fóronse. Só son sombras. Pero seguen ahí.

Somos quenes somos grazas aos erros e malas experiencias que nos acontecen a cotío, na nosa frente temos que levar sempre esos malos momentos que cambiáronnos, por un simple motivo: son a nosa historia. Seriamos seres incompletos que viven nunha aletargada e falsa felicidade, uns drogadictos da felicidade. Pero a vida non é tan fodidamente bonita. Todas as rosas teñen as súas espiñas.

Ollos que ven, corazón que sinte. Así di o refrán, e así sinte a miña ánima ao recordar esos malos momentos, malos momentos que xa pasaron, malos momentos que, ao voltar a vista atrás, parecen so pesadelos... Ou eso pensaba.

Ollos que non ven, corazón que non sinte... Nalgúns momentos daríamolo todo por non ver eses pesadelos. Pero o medo non poderá acalar o que ven os nosos ollos.


(Fotograma da película "Un can andaluz" de Luis Buñuel con guión de Salvador Dalí)

No hay comentarios:

Publicar un comentario