Baúl de los recuerdos.

Narrativa (17) poesía (14) Galego (11) otros autores (7) Microcuento (4) Opinión (3) Cine (2)

lunes, 16 de septiembre de 2013

Erros (Versión en galego)

 Podemos considerar que a "ánima máter" do noso desenvolvemento non é máis que o conxunto de erros que lévanos ate un punto concreto. Dicimos inclusive, que non somos máis que a suma deses erros, algo que non vai moi desencamiñado como seres imperfectos que somos. Pero eu me pregunto: non podemos chegar a ser quenes queremos ser sen cometer eses erros?

A miña vida sempre estivo marcada por erros, e agora, dende unha certa estabilidade emocional, doume conta que non me alegro de haberen cometido esos erros. Naturalmente que me agrada a onde me teñen levado, pero de verdade é necesario tanto sufrimento?

Antes de empezar a escribir este artigo, lin outro que serviume moito como fonte agora de expresarme. Nese artigo falábase de poder disfrutar das cousas "prohibidas" sen pensar nas consecuencias, xa que estas non existían nese utópico artigo: "Oxalá fora máis fácil decidirse entre disfrutar do momento sen medo ás consecuencias ou tirarse para atrás porque sabemos que non podemos soportar a caída dende as nubes."

Moita veces, os 'xuntaletras' fan alusións a comida cando escriben. Eu non vou ser menos. Digamos que estas consecuencias, estes erros, non son máis que "a salsa da vida", un regusto con diferentes tintes, que ven pode ser un acerto ou un erro. Pero non máis lonxe da realidade, esas salsas só camuflan e arruinan o verdadeiro sabor da vida, a propia esencia que non se encontra noutro sitio máis que na propia VIDA.

Xa se más dilación, vou xantar un bó bistec de terneira galega. Sen salsas.

(Extracto sacado do blogue: http://alboradanaria.blogspot.com.es/)

No hay comentarios:

Publicar un comentario