Baúl de los recuerdos.

Narrativa (17) poesía (14) Galego (11) otros autores (7) Microcuento (4) Opinión (3) Cine (2)

domingo, 8 de septiembre de 2013

Tempo

Mágoa de non poder voltala vista atrás, de convertir ese reflexo na realidade constante na que me gustaría estar. Mágoa de que cada segundo non sexa eterno e de que as manecillas dos reloxos bulan como alma que leva o demo. Mágoa de non posuír o coñecemento necesario para voar pola historia ao meu antoxo. Mágoa de que se escriban libros de historia e non do presente no que vivimos. Mágoa de que única verdade absoluta é a que non quero crer: o tempo móvese.

Conxelar os bos momentos cunha simple palmada. Máis sinxelo que facer cubiños de xeo. Quen non dera ese poder. É mentira que a vida é o que acontece esperando certos momentos, mentira. Para min a vida son esos momentos, esas millonésimas dun segundo, entre latido e latido, no que tragas aire e sentes unhas cóxegas placenteras dende o pelo ate as unllas dos pés. Esas millonésimas de segundo.

Mágoa... Que non podamos derretir os reloxos e bebénolo tempo como se a nosa sede fose infinita.


No hay comentarios:

Publicar un comentario