Baúl de los recuerdos.

Narrativa (17) poesía (14) Galego (11) otros autores (7) Microcuento (4) Opinión (3) Cine (2)

domingo, 22 de junio de 2014

As voltas que da a vida, o destino búrlase de ti...



Na vida ningún elemento é eterno, nin a nivel físico nin a nivel psicolóxico. Cando é o momento, o corpo apágase e a ánima voa cara o futuro máis incerto que existe. Pode haber momentos de agonía, de sufrimento, de dor… Pero cando chega ese preciso instante, esa millonésima de segundo, todo cambia. E dan igual as constantes bágoas xa que a morte é o único na vida que non ten solución.

Pero a morte tamén existe, dalgún modo, a nivel psicolóxico. Esta ‘morte’, por denominala dalgunha maneira, é lenta e dolorosa. As cicatrices que deixa en nos son volátiles, pero permanecen na nosa cabeza por moito tempo antes de desaparecer, e coido que as veces nin sequera desaparecen, pois ninguén é igual e todos curamos as nosas feridas de forma distinta.

Cando voltamos a vista atrás, rememorando vellos tempos, só podemos observar un mural de imaxes difusas. Da igual que o recordo fora o teu primeiro bico ou a morte do teu avoo. O certo é que somos seres que vivimos do presente e do pasado/futuro inmediato. Dan igual os plans de futuro que a túa mente debuxe, dan igual as mil e unha historias que viviras, da igual a quen botes de menos… Ao final a ‘morte’ alcanzará eses pensamentos converténdoos nun mar de recordos que rozan a liña da realidade. Chega un momento que só a túa propia convicción mantén vivos os recordos. Pero tamén chega o momento no que as dúbidas aparecen en escea.

As fotos, as cartas, os libros ou calquera base no que asentar os recordos poden servir para manter a nosa cordura, para recordarnos que eses momentos existiron, pero… Para qué recordar o día 17 de decembro se hoxe é 22 de xuño? Para qué pensar no futuro mes de setembro se hoxe é o primeiro día do verán? Para que seguir sufrindo se maña pode ser o día no que empece a nosa verdadeira vida…

No hay comentarios:

Publicar un comentario